4º sen ascensor
4º sen ascensor | |
---|---|
Formato | Comedia |
Creado por | Beatriz del Monte |
Intérpretes | Xulio Abonjo Cristina Castaño Xosé Barato Mónica Camaño Xoán Carlos Mejuto César Goldi Laura Ponte Pepe Soto Julia Gómez |
País de orixe | Galicia |
Episodios | 33 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Beatriz del Monte Xosé Morais |
Duración | 60 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVG TVG Europa TVG América |
Primeiro episodio | 5 de outubro de 2004 - 24 de maio de 2005 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
4º sen ascensor foi unha comedia de situación galega. Narraba as aventuras que tiñan lugar nun piso de estudantes e emitiuse na TVG no ano 2005. Foi dirixida por Beatriz del Monte e producida por Filmanova e La Región TV. Emitíronse 33 capítulos duns 60 minutos de duración máis ou menos.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Xulio Abonjo (Sebas).
- Cristina Castaño (Lucía).
- Xosé Barato (Fran).
- Mónica Camaño (Ana).
- Xoán Carlos Mejuto (Diego).
- César Goldi (Raúl).
- Laura Ponte Santasmarinas (Maruxa).
- Pepe Soto (Pedro).
- Julia Gómez (Nuria).
Sinopse
[editar | editar a fonte]As vivencias de dous mozos e unha moza duns vinte anos que comparten un piso de estudantes nunha cidade calquera:
- Sebastián (Xúlio Abonjo), un mozo nervioso, algo histérico e bastante inocente que estuda medicina mentres traballa como testador, cobaia de toda clase de medicamentos e probas; Sebas ten un problema patolóxico, xa que é incapaz de mentir;
- Lucía (Cristina Castaño), a súa curmá, unha moza responsable, traballadora, boa estudante e intelixente pero moi maniática e mandona.
- Fran (José Barato) un vividor atractivo especializado en non dar pancada, aproveitarse dos demais -sobre todo de Sebas- e gañar cartos co póker.
En fronte vive un matrimonio de corentóns: ela, unha aspirante a artista plástica cunha obra desastrosa e el, un vendedor de seguros moi metódico.
O bar que frecuentan é dun home máis ben calado que cando fala... non para. Alí traballa Lucía de camareira.
Os pais de Sebastián, e tíos de Lucía, deixan a aldea de cando en vez para visitar o fillo. Ela é unha mestura de Karmele Marchante e un sarxento e el un xanciño. Cada unha das súas visitas ao piso de estudantes é un terremoto nas súas vidas, especialmente na de Fran, a quen consideran un pésimo exemplo para Sebas e... non lles falta razón.
Premios e candidaturas
[editar | editar a fonte]4º sen ascensor conseguiu 7 candidaturas nos Premios Mestre Mateo 2005, entre as que destacan ás de Mellor serie de TV, Mellor interpretación feminina protagonista para Cristina Castaño e Mellor interpretación masculina protagonista para Xosé Barato.
Ano | Categoría | Persoa/s | Resultado |
---|---|---|---|
2005 | Mellor serie de televisión | candidata | |
Mellor interpretación masculina protagonista | Xosé Barato | candidato | |
Mellor interpretación feminina protagonista | Cristina Castaño | candidata | |
Mellor guión | Xosé Morais David Ríos Xosé Antón Moure Fran Velo Marián Fernández Araceli Gonda Fernando Rodríguez Michael Cassidy Ramón Campos Carlos Portela |
candidatos | |
Mellor realización | Toño López | candidato | |
Mellor dirección de produción | María Liaño | candidata | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Fannybell Carolina Varela Oscar Aramburu |
candidatos |